1 It's Happening to You The Bats 3:06 2 Fall Down Toad The Wet Sprocket 3:22 3 Dancing Nancies Dave Matthews Band 6:05 4 Eight Days A Week The Beatles 2:47 5 Bad Blood Baby Bird 3:44 6 Gato De Pandora Paperhouse 3:16 7 Hello Rain The Softies 3:43 8 Everythings's Fucked Dirty Three 5:34 9 Coastal Lagoon Movietone 2:03 10 Pristeen Reprise Beef 2:27 11 8 Sunny Day Real Estate 5:16 12 Sciuri Sciura Blonde Redhead 3:23 13 Long Way Down Bowery Electric 4:12 14 Wriding Bluetile Lounge 7:13 15 Eutow Autechre 4:16
Vale a pena pasarse po-lo blog de Surgery Radio, unha emisora que deixa os seus programas en descarga. Unha escolma do máis activo inframundo experimental: ambient, drone, electrónica e xoguetería electroacústica. Recomendado: http://surgeryradio.blogspot.com/
O novo album de Hanom Ausse está listo. Chámase Summtranses e será editado en breve na Regueifa Plataforma; case seguro que tamén terá unha edición en cdr. Son oito temas e cada día dende hoxe irase engadindo unha nova ó myspace. Hanom Ausse espera que vos gusten. Como dirían Quickspace, i do it my own way.
A ver, quén daba un peso po-los Flaming Lips no 2009; The Soft Bulletin ten dez anos e nesta década o nivel baixou ate a total indiferencia, que é o peor que se pode sentir por un grupo. Bos directos, dacordo, pero en álbum soaban soporíferos, maduros no peor sentido da palabra, e iso resulta impresentable nun grupo coma este. E de súpeto, Embryonic. A impactante portada xa avisa, e non defrauda, os Lips voltan ser unha banda sicodélica, indómita, sorprendente. O disco é longo, oitenta minutos pensados para ser doble pero que colle con calzador nun cd (outra cousa é a edición en vinilo que hai que mercar sí ou sí). Coma todo disco doble hai momentos nos que un pensa que deberon pasar a peneira, pero en conxunto Embryonic é desbordante, un trip de excitante baixón que o mesmo bebe de Can que de Silver Apples que pon a Karen O escarallándose a imitar o son de animais; igual de tenro que abrasivo, o mesmo se poñen a buscar galaxias de recorta e pega cos discípulos MGMT que che exasperan con transmisións dende Virgo. Estamos de noraboa, os Flaming Lips firman o disco que os devolve á vida. Para quen esto escribe, a resurrección do ano. E xa veremos se o mellor disco tamén.
A Roquelús cumpre 25. Levo 16 deses 25 anos mercándoa relixiosamente cada mes; nun principio devorando, repasando, anotando referencias para a lista de posibles discos a mercar, para ir perdendo interese ó longo dos anos ate converter a compra da revista nunha costume case dogmática. Internet chegou un día e dixo Ho Ho Ho, chuches para todos na saca do trineo (tirado por mulas, ai, aqueles tempos de Imesh e Audiogalaxy); a información viña por outras sendas. Rectifico, non é que perdese interese na revista, en absoluto, pois téñome sorprendido disfrutando de artigos sobre grupos que non me interesaban, é que a música deixou de xenerar en min a mesma curiosidade. O artigo de Pablo Gil que abre o número é un resumo perfecto da década, marcada coa paradoxa da Rede; supoñiamos todos que traería unha revolución musical que deixase atrás os 90 e resultou que os 90 seguen tan válidos coma sempre, non superados. Só hai que mirar as listas do mellor da década para a revista e preguntarse: ¿ónde está o Loveless dos 2000, o Spiderland, o Blue Lines, o The White Birch, o Rusty, o Ok Computer, o Young Team, o Vivadixiesubmarinetransmissionplot, o I Could Live In Hope, etc, etc? A mediados dos 90 ninguén botaba de menos ás figuras clave da década anterior, os Smiths eran 80, The Cure eran 80, Echo & The Bunnymen, Lloyd Cole, Stranglers e tantos outros, non se agardaba nada interesante deles ou estaban desaparecidos por completo. A mediados dos 2000, coma aves fénix mitolóxicas rexurdiron, Pixies á cabeza, pero só coma documento plástico de xustiza poética, sen nada novo que aportar, pura corrente nostálxica. Se o mellor dos últimos dez anos son Animal Collective e Los Planetas, apaga e vámonos. Qué visión máis triste, qué desolación. Especialmente no trofeo estatal. Sen entrar en discusión sobre a clasificación e os grupos esquecidos (nin rastro do Source Tags And Codes de ...And You Will Know Us By The Trail Of Dead), a lista fala de bos discos, de bos grupos, pero non fala de novos estilos, correntes. De feito, sendo prácticos, o verdadeiro novo estilo dos 00 é o mashup, a reinvención definitiva do chicle de sabores pop: U2 vs Whitney Houston, The Doors vs Blondie, Talk Talk vs Marvin Gaye, The Ramones vs Luis Emilio Batallán. O pop devorándose a si mesmo. Resumir unha década non é fácil, pero presumo que co tempo esta que remata non vai ser lembrada pola evolución senon polo modelo de distribución, polo bendito MP3. Dá o mesmo. A música non se acaba (o da SGAE cada día parécese máis ó da Igrexa), sempre haberá músicos e se a alguén lle preguntaran no 76 se estaba todo dito na música pop probablemente respostase que sí, que xa non quedaba nada que engadir, cinco minutos antes dos Ramones, dos Sex Pistols e de Joy Division, alleo de seguro ó Krautrock. Non sexamos negativos, a pesar de todo, para a década que empeza en mes e medio. Hei de seguer a mercar o Roquelús (en parte porque a pantalla non sustitúe o tacto do papel) e a mercar discos (de vinilo mentres queden, porque é o mellor soporte para a música e os ceros e uns son aire). Sen esquecer que levar 25 anos redactando unha revista de música non alienada ás multinacionais neste reino do terceiro mundo ten moito mérito. Así que, Felicidades e gracias por estar ahí.
1 Where Is The Love Mojave 3 4:39 2 1979 Smashing Pumpkins 4:31 3 Miss Sarajevo Passengers 5:42 4 Your Presence Slipstream 5:52 5 Yesterday Follows You Perfume 3:18 6 If Fingers Were Xylophones Gorky's Zygotic Mynci 3:12 7 Twin Falls Built To Spill 1:46 8 Hammering the Cramps Sparklehorse 2:44 9 Homes De Neu Beef 4:22 10 Every Night I'm Mentally Crucified (7000 Times) Prolapse 2:16 11 Find A Way (acapella), King Of The Beats Coldcut 3:07 12 Second Scepe Autechre 7:45 13 Cherry Coloured Funk Cocteau Twins 5:49 14 Feedback Song Flying Saucer Attack 5:32 15 O Mar Madredeus 5:39
Pasmo. Early Day Miners súmanse á lista de bandas dispostas a darse un gusto rachando con calquer espectativa para o seu novo álbum; coma Yo La Tengo no seu día e máis preto Low e Portishead, o slowcore de paisaxes abertas queda gardado en postais no álbum de fotos e Daniel Burton cede ó impulso pop de The Cure: ¿acaso 'So slowly' non é a mellor canción que Robert Smith podería firmar agora mesmo en soños? Hai que escoitalo para crelo, Early Day Miners facendo un disco de Dreampop, e o mellor de todo é que non está nada mal. Despois do pasmo as cancións van gañando en cada escoita. De seguro o disco sorpresa do ano.
As comparacións con Rachel's son acertadas, mais estes australianos acollidos en Melbourne danlle menos ó post e máis o jazz. Que ninguén fuxa; o seu terceiro álbum, chamado Autumn Never Fall é unha das sorpresas felices do ano, sete temas amigables para deixarse levar e un clásico instantáneo: 'The Machine'.
1 Love Songs On The Radio Mojave 3 5:48 2 Halfway to Madness Tarnation 4:41 3 Half-Gifts Cocteau Twins 4:15 4 Streamlining Labradford 4:44 5 Kodiak (Reprise) Lilys 3:37 6 The Moon is Not a Puzzle Telstar Ponies 5:05 7 Oh Brother The Boo Radleys 3:45 8 Sorted For E's and Wizz Pulp 3:48 9 Gangsta's Paradise Coolio 4:03 10 Duality DJ Krush 8:43 11 Clubbed To Death Rob D 6:42 12 Cotton Candy Pram 5:28 13 Pacer Amps 2:32 14 Little Yellow Lemon Cheralee Dillon 3:28 15 Looking For Love (In The Hall Of Mirrors) The 6Ths 2:43
1 San Diego Zoo The 6Ths 3:21 2 Rilkean Heart Cocteau Twins 2:22 3 Game of Broken Hearts Tarnation 3:01 4 High Writer at Home Lilys 5:39 5 Loose Threads Pram 4:59 6 Masquerade Dub Spring Heel Jack 7:32 7 Joe Inspiral Carpets 3:23 8 Only Happy When It Rains Garbage 3:54 9 We Don't Need Nobody Else Whipping Boy 4:16 10 Sometimes I Forget Seam 6:04 11 Little Trouble Girl Sonic Youth 4:29 12 Mourning Air Portishead 3:50 13 Lucky Radiohead 4:23 14 I'm Set Free (closet mix) The Velvet Underground 3:57 15 Southbound to Marion Rachel's 3:18
Interesante selo de Londres que edita bandas a investigar, do postrock de cepa Mogwai de Codes In The Clouds ó intimismo de Peter Broderick, pasando por The British Expeditionary Force, un grupo que ten moi boa pinta, e facendo de paso cousas tan chulas coma este vídeo de Ólafur Arnalds:
1 Transmission Low 6:14 2 Mooch June of 44 6:03 3 Washing Machine Sonic Youth 9:23 4 Soft Return Labradford 2:58 5 En Líneas Sin Fin Silvania 5:06 6 Harmonium Stereolab 5:39 7 Christmas at the Zoo The Flaming Lips 3:06 8 The Birds Swervedriver 3:41 9 Bullet with Butterfly Wings Smashing Pumpkins 4:25 10 Dragon Lady The Geraldine Fibbers 4:42 11 Tuff Luck Seam 5:20 12 Pale Blue Eyes (closet mix) The Velvet Underground 5:38 13 Where the Wild Roses Grow Nick Cave & the Bad Seeds 3:55 14 Spiritual Spain 6:36 15 The Brute Choir Palace Music 2:43
1 23 Minutes In Brussels Luna 6:41 2 Last Day on Earth Swervedriver 5:38 3 Car Built to Spill 2:59 4 More Brother Rides Palace Music 3:18 5 Untitled #1 Spain 6:38 6 Wonderwall Oasis 4:18 7 Invisible Tune Baby Bird 3:58 8 This Here Giraffe The Flaming Lips 3:40 9 Siamese (vinyl single) Urusei Yatsura 2:54 10 She's Lost Control Girls Against Boys 3:28 11 Becuz Sonic Youth 4:49 12 Have A Safe Trip, Dear June of 44 8:25 13 French Disko Stereolab 3:36 14 Bluetonic The Bluetones 4:08 15 Try, Try, Try Julian Cope 3:22
Por eiquí o tempo parou en abril, alongándose a primavera no calendario coma se o verán fose apenas unha noite de orquestas ó lonxe, algunha estrela e gripes baixo sospeita; nen sequera os mosquitos se animaron a pica-lo insomnio. A pregunta é se haberá outono ou se o eterno abril mudará en decembro. Mentres tanto, á espera do que veña, podemos porlle banda sonora ás pequenas cousas. O primeiro álbum de Message To Bears chámase Departures, dez temas instrumentais que firma un rapaz de Oxford coa guitarra acústica e lixeiras bases electrónicas, sen caer no cliché da folktrónica, pois evita as artimañas da postproducción con suxerentes arreglos de corda, acordeón ou piano. As liñas finais da crítica de Mixmag Magazine acertan á perfección: centellantes guitarras acústicas ondean arredor de cellos que deteñen os corazóns e cautivadores effectos ambientais fan o equivalente aural a gotas de orballo na herba volvéndose xoias á luz do mencer. Simplemente abraiante. O rapaz, por certo, chámase Jerome Alexander.
1 New Partner Palace Music 3:54 2 Moon Palace Luna 3:45 3 Gewn nf Gorffen? Gorky's Zygotic Mynci 3:22 4 Baby Bird Baby Bird 3:34 5 Times Fly (Fast) Orbital 7:53 6 Oceola Spring Heel Jack 7:45 7 Timeless (edit) Goldie 8:32 8 The Other Jesus Swervedriver 3:09 9 Reader Meet Author Morrissey 3:43 10 Great Things Echobelly 3:32 11 Drink the Elixir Salad 4:27 12 I'll Make It Clear Teenage Fanclub 2:33 13 Haole Redux Seam 2:56 14 I Am the Walrus (Live) Oasis 6:30 15 Just When You're Thinkin' Things Over The Charlatans 4:49
1 Twinkle Whipping Boy 5:01 2 Berlitz Seam 3:13 3 Is This What You Call Change Harvey's Rabbit 3:23 4 Dreaming of Love Spain 5:34 5 Miss Trudy Gorky's Zygotic Mynci 2:42 6 Found A Way Quickspace 3:25 7 The Joke The Fall 2:44 8 Lee Perry Part One Spring Heel Jack 5:40 9 Three Little Birdies Down Beat Chemical Brothers 5:39 10 Terraforming 4Hero 4:38 11 Saturday Night Worldcup Fieber Mouse On Mars 4:20 12 Alright Supergrass 3:00 13 The Face on the Bar Room Floor Flaming Stars 3:14 14 Stereotypes Blur 3:13 15 Finetime Cast 3:06
1 Down Crowsdell 3:43 2 Lowdown Electrafixion 4:39 3 (A) Man Ray Long Fin Killie 3:42 4 Changed Your Mind Chris Isaak 3:49 5 Possibly Maybe Bjork 4:42 6 Parallel Universe 4Hero 4:57 7 Stars Dubstar 4:09 8 The Dutchman The High Llamas 4:41 9 El Hombre Bombilla El Niño Gusano 2:15 10 You And Me Song The Wannadies 2:45 11 Just Lookin' The Charlatans 3:49 12 Versimilitude Teenage Fanclub 3:31 13 Make Me Feel Again Edwyn Collins 4:23 14 Sundress Buffalo Tom 2:21 15 Encadenados Mercromina 4:07
1 Leave Home Chemical Brothers 5:34 2 People Always Criticise Us 4-Hero 5:29 3 You've Been Flirting Again Bjork 2:25 4 Summer Buffalo Tom 4:01 5 Baby's Going Underground Helium 6:25 6 Sugar Coated Crowsdell 2:43 7 I Hate Rock'n'roll The Jesus And Mary Chain 3:44 8 The Campaign for Real Rock Edwyn Collins 6:35 9 Pájaros Mercromina 4:04 10 Checking In, Checking Out The High Llamas 5:47 11 Somebody's Crying Chris Isaak 2:48 12 Don't Look Back Teenage Fanclub 3:43 13 I'm The Ocean Neil Young 7:06 14 Steel Guitars 18 Wheeler 2:49 15 La Mujer Portuguesa El Niño Gusano 3:00
1 About You Teenage Fanclub 2:41 2 Tangerine Buffalo Tom 2:42 3 Turn Around Maddening Flames 2:26 4 Ciencia Ficción Mercromina 5:03 5 I'm Just Alive Delicatessen 3:41 6 Daydreamer Menswear 2:12 7 We Dance Pavement 3:02 8 All Of My Tears Spiritualized 3:10 9 Bed for the Scraping Fugazi 2:49 10 Hollywood Gem Long Fin Killie 3:05 11 Bib Mouse On Mars 6:01 12 The Seven Samurai Photek 6:58 13 Military Jazz Plug 7:37 14 Double Edge Dub Spring Heel Jack 5:38 15 Chemical Beats The Chemical Brothers 4:04
1 The Heads Of Dead Surfers Long Fin Killie 3:49 2 Forensic Scene Fugazi 3:01 3 Psychic Hearts Thurston Moore 4:00 4 Love Will Tear Us Apart Joy Division 3:27 5 For Silence Flying Saucer Attack 7:29 6 Feel Like Goin' Home Spiritualized 5:35 7 Born Slippy Underworld 11:40 8 Start As You Mean To Go On Aphex Twin 6:05 9 Everything Is Neutral Milk Hotel 3:52 10 Motorbike to Heaven Salad 4:11 11 Waiting For The Winter The Popguns 3:24 12 Carnival The Cardigans 3:37 13 No Guarantee Ivy 3:09 14 Are You Blue Or Are You Blind? The Bluetones 2:51 15 Bedroom Child Maddening Flames 3:24
1 San Geronimo Red House Painters 7:37 2 Let's Go Bowling Lambchop 5:29 3 The Love You Save Madder Rose 2:55 4 No More Affairs Tindersticks 3:49 5 Reaching Out From Here The Boo Radleys 3:03 6 Get Enough Ivy 2:42 7 Grave Architecture Pavement 4:16 8 When Space Invaders Were Big Prolapse 4:16 9 Motor Away Guided by Voices 2:20 10 14Th Floor Television Personalities 2:18 11 Do You Like Me Fugazi 3:16 12 Ventolin (Video Version) Aphex Twin 4:03 13 Silent Cry A Guy Called Gerald 4:57 14 Ruby-Ha Seefeel 6:06 15 Come And Close My Eyes Flying Saucer Attack 4:33
1 Father To A Sister Of Thought Pavement 3:30 2 Sparky's Dream Teenage Fanclub 3:17 3 It's Lulu The Boo Radleys 3:06 4 Pink Frost The Chills 3:57 5 Olympian Gene 5:25 6 Tiny Tears Tindersticks 5:48 7 Not Even Starcrossed Telstar Ponies 5:02 8 In The Light Of Time Flying Saucer Attack 4:48 9 Extract Seefeel 7:28 10 Novelty Waves Biosphere 6:11 11 The Nile A Guy Called Gerald 3:59 12 When The Open Road Is Closing In The Magnetic Fields 3:38 13 Summer Dress Red House Painters 2:52 14 Because You Are The Very Air He Breathes Lambchop 6:11 15 Watch Me Jumpstart Guided By Voices 2:29
1 Soaky In The Pooper Lambchop 4:17 2 My Sister Tindersticks 7:52 3 Sudden Ray Of Hope Mercury Rev 5:18 4 Two Characters In Search Of A Country Song The Magnetic Fields 3:32 5 Wet Blanket The Chills 2:38 6 Transatlantic Telephone Call Lois 2:05 7 Still Can't Find The Phone Gene 3:00 8 The Big Guys Are Coming Suddenly, Tammy! 2:30 9 Tom Courtnenay Yo La Tengo 3:29 10 Kung Fu Ash 2:19 11 Your Genius Hands Everclear 2:46 12 Fallow Versus 4:05 13 Onion Soup Vic Chesnutt 4:55 14 What Does Your Soul Look Like (Part 2) DJ Shadow 13:26 15 History The Verve 5:33
1 Vow Garbage 4:36 2 Epilepsy Therapy? 3:52 3 Jamie Weezer 4:19 4 Some Might Say Oasis 5:29 5 Mellow Doubt Teenage Fanclub 2:49 6 Unattached Lois 2:27 7 Drink the Elixir Salad 4:26 8 Hard Lesson Suddenly, Tammy! 3:13 9 Lonely Highway The Magnetic Fields 3:05 10 Whisper Morphine 3:31 11 Upper Egypt & Lower Egypt (edit) Pharoah Sanders 7:23 12 What Does Your Soul Look Like (Part 1) DJ Shadow 6:11 13 The Hour Grows Late Yo La Tengo 3:06 14 Sad Peter Pan Vic Chesnutt 3:37 15 Be-9 Versus 4:35
O ano pasado foron os Bats, este ano toca descubrir a His Name Is Alive, incriblemente pasados por alto gracias a esas asociacións de ideas tan frecuentes en min que os poñía no lado gótico sinistro, xa ves. ¿Qué outro grupo pode suxerir no mesmo álbum a Young Marble Giants, Beach Boys, Piano Magic antes de Piano Magic, canción espiritual, dub de Xamaica, Broadcast antes de Broadcast, o indie pop dos 80 e Red House Painters? Pois todo iso está en Stars On E.S.P., o seu álbum do 1996, unha inagardada e sorprendente porta de entrada ó universo de Warren Defever, un músico que sí, fai pop experimental sen medo, sen etiquetas. Fantástico.