07 abril 2009

Radio Waves 92-99, 050

1 Niño Unicornio Silvania 6:16
2 For Those... Tindersticks 5:02
3 Susie's Friends Animals That Swim 2:50
4 Cape Canaveral American Music Club 5:05
5 Come On Acetone 6:01
6 Lone Star Song Grant Lee Buffalo 4:35
7 Beauty No.3 Catchers 3:29
8 Suds & Soda dEUS 5:14
9 Soul Suckin' Jerk Beck 3:57
10 Connection Elastica 2:21
11 Doorstop Rhythmic Bloc Prolapse 5:23
12 Strange Ones Supergrass 3:59
13 Emperor of the Bathroom The Minus Five 3:17
14 Love Spreads The Stone Roses 5:47
15 Yes Manic Street Preachers 4:59

(Radio Waves 050, 12/94)

Unhas breves consideracións a conto desta serie. Van 50 recopilatorios, medio cento de Radio Waves que empezaron sendo unha forma de reeditar vellas cintas e agora vexo que forman unha liña de tempo que barre os anos 90 nunha extensión pop (indie, britpop), rock (noise, postrock, lo-fi e, ehem, alternativo), electrónica (techno, drum and bass, IDM, ambient), postcountry e postfolk e calquer etiqueta que cadrase no momento correcto (triphop, slowcore, emocore, etc). Etiquetas. En cada Radio Waves hai case tantas coma cancións; iso pode asustar se o que se busca é unha música que refracte un estado de ánimo concreto nun momento concreto. Po-la contra, este eclecticismo é do máis natural: no mesmo mes no que os Stone Roses resucitaron, os que foramos seus fans tiñamos a antena virada cara os USA de perdedores de Beck, e ainda cando Elastica colaban un single gañador, preguntámonos quénes eran eses Wire que lles puxeron un pleito por plaxio. Decembro do 94. Os 80 eran historia. A historia da música popular continuaba enchendo liñas con excitantes novos estilos. Apenas hai hip hop aquí, é certo, máis tampouco metal, blues ou ritmos do mundo; é a miña festa, sí, pero gustaríame saber se hai alguén seguindo estas retransmisións ou se deben quedar na exclusividade das estanterías da miña discoteca. ¿Algún comentario?

6 Comments:

http://www.mediafire.com/?mjdihdmdrzc
hai alguén seguindo
sip

(e descargando de cando en vez)
Menos mal, xa pensaba que só lle interesaba a bots sexuais xaponesas. Gracias por parar.
aquí outro mais
another, and from stabaia

Add a comment

Nombre: