19 diciembre 2010

Radio Waves 92-99, 100

(Reeditado) Unhas breves consideracións a conto desta serie. Van 100 recopilatorios, un cento de Radio Waves que empezaron sendo unha forma de reeditar vellas cintas e agora forman unha liña de tempo que barre os anos 90 nunha extensión pop (indie, britpop), rock (noise, postrock, lo-fi e, ehem, alternativo), electrónica (techno, drum and bass, IDM, ambient), postcountry e postfolk e calquer etiqueta que cadrase no momento correcto (triphop, slowcore, emocore, etc).
Etiquetas. En cada Radio Waves hai case tantas coma cancións; iso pode asustar se o que se busca é unha música que refracte un estado de ánimo concreto nun momento concreto. Po-la contra, este eclecticismo é do máis natural, ou debera selo para calquer afecionado á música pop.
¿Ónde estabas ti en outubro do 96? Como dixen no número 050, é a miña festa, pero gustaríame saber se hai alguén seguindo estas retransmisións ou se deben quedar na exclusividade das estanterías da miña discoteca. ¿Algún comentario?
Is anybody out there? Si sí, comment, please. Se non, it's over.


1 Ionia Scenic 7:54
2 Rhine & Courtesan Rachel's 6:42
3 Voices From the New Music Telstar Ponies 4:06
4 In the Long Still Night Gallon Drunk 6:17
5 Strathcona Slung The Delgados 3:27
6 Montreal The Wedding Present 2:57
7 Glitter Of Love Versus 4:58
8 No One Speaks Geneva 3:35
9 New Brighton Promenade The Boo Radleys 3:05
10 Three Peaches Neutral Milk Hotel 3:55
11 Somewhere In The Night Smog 2:10
12 Nosferatu & La Mort De Felix Tindersticks 2:13
13 Girl/Boy Song Aphex Twin 4:47
14 Gorecki Lamb 6:30
15 Galaxy of Emptiness Beth Orton 10:10

(Radio Waves 100, 10/96)

6 Comments:

http://www.megaupload.com/?d=Z8FRS0EU
outubro do 96, comezando COU no Xelmírez II posiblemente e descoñecendo este mundo de cousas. Hai alguén, si.
Besbe, semella que este sitio non desperta moito interés; claro que, tampouco poño empeño en publicitalo. En outubro do 96 estaba no mesmo lugar que hoxe, perdido pola música.
a min encántame, un día a ver se che fago un agasalliño :)
eu tamén sigo aquí. descargo, escoito, escollo as miñas favoritas. imprimo as portadas, os títulos. non dou feito. moitísimas grazas polo traballo que pasas, lif.

outubro do 96: teenager que imitaba aos "grunges" nunha vila do norte. gravando cintas de cintas gravadas de cintas gravadas. aínda hoxe algunhas daquelas cintas forman parte dos meus discos favoritos. e algunhas daquelas cancións están nestas antoloxías túas.

vivan os reencontros ;)

grazas de novo.
Hola de novo, mica, vai parecendo que isto non é un páramo perdido. Ai, o grunge aquel...

Add a comment

Nombre: